Street Sésamo Fighters

Por: Xoves, 11 de Xuño de 2009

Navegando pola rede , de vez en cando atópaste con dousas bastante simpáticas. Foi precisamente o que me acaba de suceder fai uns intres, cando vín aos protagonistas do famoso programa (educativo?) Barrio Sésamo, transformados en auténticos loitadores de Street Fighter.

street sésamo

Nunca se sabe o que pode saír da imaxinación castigada dalgún debuxante entrépido, pero como sempre digo, é de agradecer alonxarse do inmobilismo constante de todos os medios, aínda que sexa por uns poucos segundos, o tempo que tardarás en ver todas as imaxes.

Por certo, para observar toda a galería preme neste enlace.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario