Probade Clickplay, un xogo gratuito

Por: Mércores, 10 de Xuño de 2009

click play

Os que me ides coñecendo xa saberedes que me produce gran satisfación probar estes xogos independentes, creados por xente que a única arma que emprega é a orixinalidade, e como nuca me canso de repetir, deberiades pasar por este enlace, con especial interese por Dont Look Back.

Hoxe preséntovos ClickPlay, un entretido xogo no que a nosa única misión será atopar o símbolo Play, e para conseguilo teremos que superar diversos minixogos, moitos de carácter arcade e outros para pensar un pouquiño máis. Ven acompañado por un apartado sonoro perfectamente mimetizado co xogo e cun apartado gráfico en branco e negro sobresaínte, ademáis o control absoluto co rato fai que sexa apto para todos.

Por todo isto, deberiades premer no enlace e gastar uns minutos de tempo da vosa vida catando este título, e veredes que non vos aburriredes en absoluto, simplemente porque o propio xogo non vos dá opción.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario