Moitos matinaron en cal podería ser o xogo segredo que ía presentar Capcom, pois para a miña desgraza non se trataba dun Onimusha, o xogo que con tanto afán escondían era unha nova entrega de Resident Evil, pero desta vez exclusivo da portábel de Sony.

E aquí está o mellor,  que con tanto bombo que lle deron, coa intriga que crearon ao arredor deste título, e na feira non amosaron absolutamente nada del, nin un triste tráiler, nin sequera un mísero teaser, aínda que un voceiro de Capcom dirixíu unhas palabras referente ao proxecto.

“Podo decirvos que Capcom está traballando man a man con Sony neste título, porque é algo que ambas compañías levaban tempo querendo para PSP. Non é un remake dun Resident Evil anterior, se non un xogo totalmente novo creado específicamente para a plataforma PSP, con PSP Go en mente. Consequín botarlle un vistazo a un dos primeiros documentos de deseño e todo o que podo decirvos é: Guau. É algo completamente diferente para un Resident Evil.”

 residente

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario