Homenaxe aos clásicos

Por: Martes, 9 de Xuño de 2009

Nas ovellas eléctricas atopeime con este vídeo verdadeiramente curioso, o cal fai unha homenaxe aos grandes clásicos dos videoxogos.

O vídeo está realizado con magnetopíxeles físicos ( pequenos imáns de cores ), fotograma a fotograma, píxel a píxel. Esta complexa tarefa ten como resultado un vídeo “retro”, repasando a estancia de grandes xogos, os cales nos acompañaron ao longo da nosa vida. Tamén é digno de mención o apartado sonoro, sumerxíndonos aínda máis nun mundo totalmente pixelado, un mundo no cal estabamos inmersos nel aínda non fai moitos anos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario