Desde que sabemos que Altair chegará á PSP todos estamos esperando saber algo máis deste título, e aínda que na conferencia de Sony o único que se mencionou deste título é a posibilidade de interación entre Assassin´s Creed 2 e Bloodlines, xunto o traspaso de habilidades e obxectos, máis tarde, volveu a dirixirse ao público para revelar algo máis deste título.

O xogo situarase xusto despois donde remata a primeira parte sendo un  enlace entre a primeira e a segunda parte. Ademáis tamén mencionaron que esta entrega portábel será fundamental para coñecer a orixe de Ezio ( protagonista de Assassin´s Creed 2 )

E se todo vai ben e non sofre ningún retraso, poderémolo xogar en novembro de 2010 ( si, eu tamén me percatei de que falta máis dun ano para que saia,así que podemos esperar sentados ou deitados). De momento conformarse con este par de imaxes, que para tratarse dunha portábel pinta máis que ben.

assassin psp

assassin psp 2

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Nova información e un par de imaxes de Assassin´s Creed: Bloodlines”

  1. Neima di:

    Diosss sigue sendo tan perfecto!!! ¡¡Que salga xaaa!!!! (pa xbox360, que e impresionante) XDDD

  2. skaltum di:

    Moito me temo que terá o mesmo problema que o seu antecesor, é dicir, a monotonía e a repitición contínua das misións. Se conseguisen evitar este lastre…
    Con referenza á segunda entrega esperemos que coa posibilidade de voar, nadar, e empregar variedade de armas solucionen dito problema, aínda que non me fío nin un chisco.

Deixar un comentaio a Neima