Tráiler de Castlevania: Lords of Shadow

Por: Xoves, 4 de Xuño de 2009

Por motivos circunstanciais, estes días non podo traballar todo o tempo que quería no blogue, e tendo en conta que saen ao día decenas de vídeos e novas informacións ,terei que poñer o que máis impacte polo de momento, e cando poida adicarme á actividade do blogue como sempre fixen recuperarei o meu ritmo.

Hoxe amósovos o primeiro tráiler de Castlevania: Lords of Shadows, este xogo no que TAMÉN  está involucrado o Kojima. Malos pensamentos a un lado, o vídeo pinta realmente ben, cun espectáculo visual que desde logo impón, e cuns inimigos do máis detallados e cabreados.O tráiler deixa claro cal vai ser o desenrolo do videoxogo, avanzar por escenarios eliminando a todo o que se poña a tiro de espada.Si, a moitos non lles gusta este plantexamento, pero qué queredes que vos diga, a mín encántame.

Esperaremos un tempo a que se repouse o título para tentar sacar algo máis de información deste novo Castlevania.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario