Gameplay de Saw

Por: Xoves, 4 de Xuño de 2009

Despois de cinco filmes e estar a sexta en camiño ( aínda non me podo explicar porque á xente lle gusta tanto ver torturar e sufrir a outras persoas), vai chegar ás nosas consolas a xogo Saw. Vale, é unha nova que xa todos sabemos pero agora podemos ver por primeira vez o xogo en movemento e secuencia real.

Como se pode aprezar, a escuridade predomina e o ambiente agobiante e frío tamén están presentes. O protagonista vai investigando todas as habitacións nas cales atopa trampas de todo tipo, puzzles e flashbacks no que se amosa a tráxica e horríbel morte que sufriron outras persoas ou que poderías sufrir el, non estou moi seguro.O xogo en si, deixase ver moi ben, aínda que me pregunto unha cousa, non se fará demasiado lento e repetitivo?.

Teremos que esperar para descubrilo, pero a experiencia aprendeume unha cousa: Non hai película baseada nun xogo que seaxa decente, nin hai xogo baseado nunha película que sexa bo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario