Máis violencia en Splinter Cell: Conviction

Por: Martes, 2 de Xuño de 2009

Qué vou dicir de Sam Fisher?, pois que esperaba a súa volta o antes posíbel, e aínda que non me convencía demasiado que deixase a infiltración completa para darlle máis protagonismo á acción, parece que as súas dotes de espionaxe serán empregadas de novo.

Parece que volve máis forte e violento que nunca, xa non ten amigos, non confía en ninguén e acompañado dun apartado gráfico de luxo.

Desde logo é outro dos xogos que espero con máis gana, e se non sabedes por qué, observade dos vídeos e disfrutade da calidade asegurada.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario