Ingame de Alan Wake

Por: Martes, 2 de Xuño de 2009

Era unha noticia que todos estabamos desexando ver, e aínda que aclararon que o xogo non chegará ata primavera de 2010 ( co tempo que levamos esperando este proxecto, xa pouco nos afecta), puidemos desfrutar dun gameplay, amosándonos o que dará de si, Alan Wake.

Atopámonos cunha atmosfera aterradora ( detalle que xa dabamos por suposto), cuns gráficos de luxo e constante movemento en todo o escenario, mantendo ao xogador nunha constante tensión. Podemos aprezar que os inimigos teñen medo á luz, e tendo punto feble, temos maneira de eliminalos, bengalas e activación de luz artificial para retrasar aos inimigos son empregados no vídeo, supoñendo que destas situacións atoparémonos a barullo. Pero se este método non vos é eficaz contades coa pistola ( parece que carga o disparo par que sexa máis poderoso).

Por agora o único que podemos é falar del, e ver reiteradamente este vídeo para percatarnos da calidade. Veremos o seu desenrolo en qué remata.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario