Gameplay de Left 4 Dead 2

Por: Martes, 2 de Xuño de 2009

Xa sabedes a miña opinión sobre Left 4 Dead , e por moito que a xente se bote a mín, me queira insultar, e outras “rapazalladas” máis, a miña opinión é inamovíbel.

Agora cheganos a segunda entrega , sendo un calco totalmente idéntico do xogo orixinal, ata tal punto que podería ser un contido descargábel, en vez dun novo xogo. Volvemos ter os gráficos de PS2, as olas de zombies que nos atacan de forma caótica, catro tipos andando sen sentido de un lado para outro…

Que me segue sen chamar nin o máis mínimo a atención, polo que seguirei ignorando tanto aos que me queren convencer de que é un xogo bo, como a esta continuación. Xuzgade vós mesmos o vídeo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario