Acaba de rematar a conferencia na que Nintendo ía depositar todas as súas sorpresas, e honestamente, foron bastante poucas.
Por suposto a máis relevante de todas foi o anuncio de Super Mario Galaxy 2, na que o noso fontaneiro contará coa axuda de Yoshy, aínda que o resto da estética é idéntico ao primeiro Mario Galaxy ( con isto non quero dicir que sexa malo).
Aparte do abusivo “Hype” que empregaron nas súas consolas (como xa estamos acostumados) e o tono rosa e apastelado ( que tamén estamos acostumados), tamén deron a coñecer xogos para a DS como C.O.P ao máis estilo Driver, algunha aventura gráfica xunto a un xogo de moda ( é ben triste), ademáis do Kingdom Hearts e a nova entrega de Mario & Luigi.
Na consola de mesa tamén sairá este Mario & Luigi, tamén contará cun New Super Mario Bros Wii ( como se nota que saben explotar saga que lle dá cartos), falaron por suposto do WiiMotion Plus e presentaron un novo Metroid.
Estas foron as novas máis representativas, e por suposto cando poida adquirir os vídeos, poñereivos as noticias completas e ben detalladas.
En conclusión, pareceume unha conferencia bastante regular ( se sacamos os dóus Marios da Wii, o resto das noticias xa as sabiamos), e parece que os que asistiron tampouco lles agradou demasiado, xa que só aplaudiron en contadas veces e de forma máis ben…feble.
En fín,pronto teredes todas as novas aquí, e agora preparádevos que dentro de pouco máis de media hora comeza a conferencia de Sony, espero que haxa máis novidades e sorpresas que nesta.
Para min a conferencia de Nintendo foi unha decepción absoluta, pois apenas presentou novidades. Se a estas alturas teñen que tirar de Mario para contentar ao público non van a conseguir o apoio da crítica nin de coña.
Home, eu hei de recoñecer que para mín Mario ten un valor sentimental moi grande, aínda que a inmensa maioría de títulos xa eran coñecidos por todos, e iso sen entrar na pouca forza que tivo a conferencia.
Quedouse moi por debaixo do esperado por todos,