Como mencionaba anteriormente Epic Games estaba traballando nun proxecto que presentaría na conferencia de Microsoft desta tarde ( que por certo está sendo nestes intres).
Pois o xogo chámase Shadow Complex, e trátase dun xogo arcade para XBLA, polo que parece é bastante similar ao Metroid clásico, cuns escenarios en tres dimensións pero cunha movilidade do protagonista en 2D.
Dende logo non o esperaba ninguén e para a terceira parte de Gears of War aínda teremos que esperar outro pouco.