noticia de epic games

Xa é sabido por todos que Microsoft adiantou cinco minutos a conferencia de esta tarde, supostamente por unha sorpresa de última hora, e por qué non dicilo, para xerar máis espectación ao arredor deste evento.

Por outro lado Epic Games, non se queda atrás e acaba de anunciar que ten todo preparado para a gran sorpresa na conferencia de Microsoft. Si, moitos xa vos ronda a cabeza o nome de Gears of War 3, outros pensan nunha exclusividade de Unreal e a mín, honestamente , impórtame bastante pouco, xa que calquera título que veña apadriñado polo nome de Epic Games, é sinónimo de calidade.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario