Era algo que se sabía con certeza que aparecería no E3, pero parece que se adiantaron un pouco para sacar a noticia á luz.
O que moitos chamaron PSP 2, oficialmente estamos a falar de PSP Go, xa que non estamos falando dunha nova consola, se non dunha PSP normal mellorada.
Como novidades representativas, temos a ausencia de UMDs ( cousa que xa se falara fai algún tempo, e parece ser que estaban no certo), aínda que para complementar esta ausencia conta cunha memoria de 16 Gb. Ademáis posue unha pantalla deslizábel podendo desta maneira esconder os botóns da consola, pero segue sen contar cun segundo stick, algo impensábel, tendo en conta a cantidade de críticas que recibíu por esta falta.
Parece que Sony decidíu copiar a Nintendo e mellorar (de novo) a súa portábel . A mín, honestamente, non me parecen novidades demasiado relevantes como para adquirir esa nova versión, de feito o mesmo pensaba da última versión da DS, o que me leva á seguiente pregunta.Non se estarán aproveitando das ínfimas novidades que inclúen nas súas consolas para elevar ao máximo o seu número de ventas?…vaia resposta tan obvia.