Despois da cantidade de cousas especuladas sobre o proxecto de Kojima, parece que chega o final do enigma , xa que na páxina de Kojima Productions, aparece, ademáis dos clásicos números ,unha imaxe do que parece ser Big Boss. Con isto parece deixar claro que o xogo do que estamos a falar é dun novo Metal Gear, supostamente anos despois do ocurrido no MGS 3: Snake Eater.
Pero o tema non remata aí, xa que en Famitsu fixeron unha entrevista a Hideo Kojima no que aparecen dúas imaxes, a que xa falabamos anteriormente e outra na que aparece Raiden cun aspecto bastante similar ao da cuarta parte. Qué significa isto?. Aínda non sabemos nada. Viaxará Raiden ao pasado?,controlaremos aos dous personaxes en diferentes tempos?,veremos cando nos saca de dúbidas o Kojima.