Aliens vs Predator chegará a principios do 2010

Por: Mércores, 27 de Maio de 2009

Así o anunciou SEGA, así que podemos supoñer que chegará no primeiro trimestre, case apostaría sobre marzo.

Se hai unhas semanas traía algunha información sobre este xogo , agora aumentarei as miñas espectativas grazas aos novos datos sacados de IGN.

Parece ser que cada unha das tres partes da campaña (Alien, Depredador e Humano), estarán moi remarcadas. Na pel do depredador predominará a infiltración, no caso do alien estaremos ante un xogo de acción frenética cos seus rápidos e letais movementos, e nas misións do humano, estaremos ante un claro survival horror. Tamén recalcaron a pelexa entre o depredador e un alien, xa que teremos que ter moito tino porque se nos cae encima o seu sangue ácido queimaranos, ademáis o nivel de dificultade parece que será bastante elevado, e aínda que lle cortemos unha extremidade ao alien, este arrastrarase ata nós, para tentar darnos caza.

predador

Con todo isto podería ser un xogo moi divertido, pero está claro que mentres non collamos o resultado final non podemos dicir nada, xa que eles mesmos fan que o xogo pinte ben, ao mellor, lonxe da realidade. Aínda así téñolle bastantes ganas, e máis, despois de saber que pode que interestellar marines nunca vexa a luz. Si, gustame reventar algún pobre extraterrestre que se cre máis chulo que a min.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario