Fotorrealismo absoluto en 10 ou 15 anos

Por: Martes, 26 de Maio de 2009

 

Tim Sweeney, fundador de Epic Games pronunciouse ao respeto do apartado gráfico nos videoxogos, e afirma que a plasmación totalmente real, os gráficos plenamente realistas están moi cerca.

“Só estamos a un factor de mil de alcanzar o realismo en tempo real, así que seguramente poidamos velo cos nosos propios ollos. É un mero resultado da Lei de Moore. É probábel que en 10 ou 15 anos, que non é unha data afastada en absoluto, o cal dá un poco de medo. Chegados a ese punto os sistemas visuais poderán reproducir gráficos realistas.

Pero hai outro problema cos gráficos que non é nada fácil de resolver. Refírome a cualquera cousa que requiera simular o comportamento humano: animación, movemento do personaxe e conversación e interación con otros personaxes. Agora mesmo son bastante cutres nos xogos.

Lamentablemente, non todo está relacionada coa potencia computacional. Se tivésemos máquinas infinitamente máis rápidas que as actuais tampouco saberiamos cómo resolver ese tema, porque simplemente non temos esos algoritmos. Non sabemos cómo funciona o cerebro nin cómo simulalo.”

 

O verdadeiro problema menciónao na segunda parte, e non me refiro ao fotorrealismo, refírome a plasmar personalidades, comportamentos e actuacións dos personaxes como se fosen persoas reais, porque estamos fartos de ver a bonecos andar de forma robótica e facendo as mesmas rutas independentemente do que pase ao arredor, fartos de ver como os beizos non se corresponden co sonido que emiten, fartos de ver ollos sen a mínima personalidade, fartos de ver como se abren as portas antes de que o protagonista lle bote a man…

Cando solventen todo isto poderemos estar a falar dun verdadeiro avance no mundo dos videoxogos. Atoparán eses “algorítmos” que lles falta na próxima xeración?. Dubido moito, pero mentres poderían invertir en orixinalidade e diversión, que son factores máis importantes que toda as que mencionamos anteriormente, se non me credes, remontádevos á etapa dos 8 bits, e sen rebuscar moito atoparedes xogos ben máis divertidos que a maioría dos que sacan na actualidade.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario