Continuamos co código Kojima

Por: Martes, 26 de Maio de 2009

nova tontería

Non pensariades que a coleción de tonterías quedaban no apartado anterior con relación ao puto xogo de Kojima. Agora comezan a aparecer revelacións na propia imaxe que se nos amosou fai uns días.

Se vos digo a verdade, cada vez estame provocando maior graza toda esta emisión de suposicións e invencións creados ao arredor deste proxecto. Se conseguen manter este ritmo, non me estrañaría nada que poidamos ver nun futuro nos cines o filme “O código Kojima”.

Non sei vos, pero xa estou desexando que algún desocupado nos mostre algún que outro detalle insignificante, para crear arredor deste outra teoría. Por certo, o contador reiníciase esta noite.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario