Pistas sobre o xogo incógnito de Capcom

Por: Luns, 25 de Maio de 2009

gran onimusha

Parece que en vez de decirnos dunha maldita vez cal é o misterioso xogo que presentará Capcom no E3, dedícase a xogar con nós atorgándonos unha serie de pistas:

  1. Non é Devil May Cry 5 (canto terei que esperar para poder ver a Dante na próxima aventura?)
  2. É un xogo de acción (polo menos non todo é malo)
  3. É unha franquicia de Capcom xa coñecida
  4. Non é un remake
  5. Está sendo desenrolado por Capcom Xapón

Con estas cinco pistas a mín só me ronda na cabeza un nome, Onimusha. O mellor este nome está respaldado polas enormes ganas e desexos que teño de ver a un Onimusha nesta xeración, que despois de desfrutar como un neno cun caramelo con absolutamente todas as entregas anteriores, o meu cerebro xa está preparado para volver ao Xapón feudal e reventar uns poucos demos.

É certo que me fastidiou que non fose o Devil May Cry 5, pero se estamos ante un Onimusha da calidade dos seus predecesores, quedo igual de satisfeito, e os que coñecedes esta saga supoño que tamén.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario