Está claro que Square Enix destaca principalmente polos seus xogos de rol, pero de vez en cando, tómase un descanso de tanto RPG e atrévense cun título de acción ao máis puro estilo Ninja Gaiden.
Isto é precisamente o que vai ser “Nier”, un xogo de acción, protagonizado por un pai que partirá en busca dunha cura para a súa filla enferma, e polo que parece polas pobres imaxes, portará unha enorme espada (moi parecida a unha das de Moster Hunter). Nier en holandés significa ril, así que poida que teña que ver coa doenza que sofre a súa filla…ou poida que non, xa que deste xogo aínda non se sabe case nada.Teremos que esperar algunha noticia máis e cun pouco de sorte aparecerá na feira do E3, aínda que pola prematura etapa do proxecto, non apostaría nada por iso.