A telenovela do futuro proxecto de Kojima

Primeiro amosaron unha foto dunha paisaxe solitaria, acompañada dun ceo cuberto de nubes escuras ( ou era fume?), no cal se distinguía ao final unha parella que se didrixían a unha casiña. Os bulos creados por esta simple imaxe foron innumerábeis.

Pouco despois, Kojima comezouse a rir de nós poñendo unha conta atrás, na cal empezaba en cinco ( este número deu moito que falar), e todos pensaron que a conta atrás remataría no E3, pero como sempre, erraron.

Días despois ese cinco convertíuse en tres, e parecía que pronto iamos saber algo máis sobre ese título tan esperado. Aínda estamos agardando.

Lonxe de parar esta tromba de rumores, algún medio publicou unha extraña silueta , a cal deu paso a falar da inclusión de Kojima no proxecto Lord of the Shadow. Rumore, rumore.

Queredes saber cal é o próximo capítulo?, pois Hip Hop Gamer, publicou isto:

proximo kojima

Si, parece que coincide coa silueta, pero ademais quixeron alimentar esta teoría, aclarando que se lle damos a volta ao E podemos estar ante un 9, e se continuamos esta pauta , o cinco podería ser unha Z e o tres podería ser un E. Con isto teriamos ZE3 ( aínda que falte unha letra quedaría Zoe of Enders 3).

Ata aquí a capítulo de hoxe, estarei atento para presentarvos as próximas emisións deste serie.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario