Por un xogo que me interesa ver información del…
Todos somos conscientes da enorme calidade que ofrecía o tráiler de Beyond Good & Evil 2 , e se estabades esperando para saber se o vídeo pertencía a unha secuencia real do propio xogo, teredes que seguir esperando, xa que acaban de anunciar que este título non estará presente na feira do E3.
Nunca fun partidario das tan excesivas e prematuras informacións ( moitas delas falsas), que se reciben de algúns títulos, pero este en particular tenme bastante intrigado, porque se o vídeo é verdadeiro, podemos estar ante unha enorme e impresionante xoia.
Por outro lado, prefiro que se tomen o seu tempo para levalo a cabo, que coiden todos os seus apartados, que o mimen, que se preocupen polo xogo, que se tomen en serio o proxecto. Todas estas cousas que a maioría das compañías deixan de lado.