De quén é esta silueta?

Por: Sábado, 23 de Maio de 2009

Dende a famosa conta atrás que está a levar Kojima sobre a información do seu próximo proxecto, moitos rumores e bulos foron creados con relación a este.

Agora chéganos esta imaxe na que se nos amosa unha enigmática silueta, da que ninguén sabe absolutamente nada. Será o novo protagonista?, será outra forma de publicitar o videoxogo?.

Non sei, por outros lares apostan a que se trata de Vamp, eu simplemente non me podo imaxinar de quén pode ser e por moito que penso, non recoñezo ese contorno.

enigma de Kojima

Facede as vosas apostas sobre este personaxe e se a recoñecedes, non dubidedes en poñervos en contacto con algún medio corrupto de comunicación, que poderiades gañar moitos cartos pola primicia.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario