Dá igual en qué medio de comunicación te metas, case seguro que haberá algunha noticia relacionada con Blur, o novo proxecto de Bizarre Creations.
E non digo que vaia ser unha mala proposta, pero o que sí aseguro é que lle están dando unha publicidade que non creo que mereza o propio xogo. Este experimento, no cal parece ser que mesturará o realismo de Forza Motorstorm e a diversión de Mario Kart ( si, bastante raro), está a converterse escravo dos seus propios rumores, porque case estou por asegurar, que despois de tantas espectativas que están a crear, o xogo non vai estar á altura.
Hype en estado puro.
Cando menos, a nivel gráfico o xogo ten unha pinta magnífica. De todos os xeitos, haberá que agardar a probalo para xulgalo.
Se te refires a este vídeo,é normal cunha secuencia acade un nivel moi alto, aínda que hai máis vídeos no que se aprecia mellor o nivel gráfico e sen ser malo(nen moito menos), non acada o nivel doutros xogos.
Se tivese como mínimo a calidade gráfica do Burnout Paradise, estaría encantado.
Aínda así, non pode evitar terlle moitas ganas a este título, será porque comparan a súa diversión ca do Mario Kart e esas son palabras maiores