Quantic Dream, segue no que considera o proxecto máis ambicioso dos últimos tempos: Heavy Rain.Se xogastes o Fahrenheit saberedes en qué nocións se moven os seus creadores, e aínda que a crítica considera o xogo como unha aventura gráfica, os desenroladores seguen asegurandoque están reinventando o xénero.
Pero non todo van ser boas novas, xa que as últimas declaracións supuxeron un baño de auga conxelada, para os que esperaban esta aventura con tanta forza:
“Se o xogador é un xogador casual poderá rematar o xogo en lapso de tempo bastante curto, 4 horas. Pero si o xogador é Hardcore a trama do juego pode chegar a extenderse ata as 12 horas”
E preguntarédesvos, 12 horas non é unha duración demasiado escasa para unha aventura gráfica?,e eu respondo,si, pero máis curta se fai se o xogas ao tolo e “pa diante”.Parece que fan unha competición de quen crea o xogo máis curto, e si este se pode pasar en catro horas,andará aproximadamente como o Mirror´s Edge, aínda que a escaseza de duración aínda ninguén lle gana ao Wanted.
Eles poñerán a escusa de que é un xogo totalmente rexogábel, de que poderás escoller entre catro personaxes, que a historia se basea en eleccións morais e que cada vez que o xogues será diferente ( vai risa).
Con todo isto non podo evitar ter unhas ganas inmensas de catar este proxecto, aínda que haberá que esperar bastante para poder insertar o disco na consola.
Eu gostei bastante de Fharenheit, a proposta era diferente e atractiva. Aínda así, non colmou todas as miñas expectativas.
Se este é un xogo breve mais intenso, seguro que me presta. Eu, ás veces, estou a favor do rexogábel, sacar varias lecturas da mesma historia e pasalo ben de xeitos distintos.
Xa veremos en que acaba.
O termo rexogábel é moi impreciso, xa que unha vez que remates por primeira vez o xogo, a esencia xa está emitida e a segunda vez o único que poden variar son diferentes variantes, vese moi ben no vídeo cando a protagonista da primeira vez escapa sen que a vexan e na segunda é detectada, pero o final sempre vai ser o mesmo,escapar na moto. Con isto non quere didcir que non me guste esta proposta, da posibilidade de varias opcións para chegar a un fin, pero que non nos digan que cada vez que o xoguemos será diferente ,porque simplemnte, non é certo.