Análise de Tomb Raider: Underworld

Por: Xoves, 21 de Maio de 2009

TOM RAIDER

Volvemos a coller o control de Lara para salvar ao mundo (que raro), aínda que para iso nos teñamos que enfrontar a feras salvaxes,seres do inframundo, dinosauros…para conseguir o martelo de Thor.

A estas alturas xa todos sabemos con que nos imos atopar nun Tomb Raider, preciosas paisaxes, as cales teremos que recorrer ata o último centímetro para conseguir resolver retorcidos puzles, pouca cantidade de inimigos e un nivel moi alto de plataformeo. Por suposto, esta nova entrega non é unha excepción.

A nivel gráfico atoparémonos con fermosos escenarios, desde selvas ata fondos submariños, todos eles caracterizados por un nivel de detalle enorme (pararédesvos máis dunha vez, simplemente para contemplar as paisaxes), sen embargo, os personaxes non chegan a tan alto nivel e temos a sensación de que controlaremos a un boneco en vez de unha persoa.

A protagonista, a máis que coñecida Lara Croft (por certo, que parece ser que vai volver aos cines, deus non o queira), terá que superar infinidade de puzles para lograr o seu obxectivo, pero non pensedes que son puzles de “atopar chave, chave abre porta”, nestes teredes que rocorrer cada milímetro do escenario para levalos a cabo con éxito, así que se vos atopades cunha porta cerrada, podedes estar seguros que para abrila teredes que suar tinta, ou mellor dito, sangue.Tamén é certo que resolver estes enigmas son a única dificultade do xogo , xa que a ausencia de inimigos e case plena, e os poucos que hai non vos complicarán nada a vida.

Pero hai un apartado que ennegrece o resultado final deste Tomb Raider,estoume a referir da cámara.É imperdoábel que nun xogo non que os saltos imposíbeis son constantes, falle a cámara de tal xeito. Refírome a momentos no que non saberás para onde tes que saltar porque a cámara non cho amosa (nin che permite movela, sobre todo cando estás en repisas) ou cando pasas por un lugar baixo Lara desaparece ata que a cámara volve enfocala. Un enorme erro que moitas veces farate quedar trabado nun puzle ata a frustración e cando por fín te percates do doado que era, botarás pestes contra a maldita,imprecisa e merdenta cámara.

A duración tampouco é moi elevada, pero tendo en conta que terás que botar bastante tempo en cada enigma que se che plantexa,pasaralo por alto, ademais tes a posibilidade de recolectar tesouros como obxectivo secundario,case todos eles se atoparán dentro de pequenas cerámicas que atoparás ao longo de toda a aventura.

Con estes erros mencionados, o xogo cumpre  co seu obxectivo de entreter, ben sexa pola variedade de situacións, como fases en moto (aínda que cun control totalmente impreciso) ou momentos de submarinismo xunto as quenllas, ou ben sexa pola calidade dos puzles que che fará darlle ben voltas á cachola.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Análise de Tomb Raider: Underworld”

  1. Marcus di:

    O novo deseño de Lara paréceme todo un acerto. A animación do personaxe é moi boa, cuns movementos moi realistas. Agardo que en futuras entregas continúen neste camiño e non volvan ao deseño tetudo de Lara (que resultaba bastante ridículo).

  2. skaltum di:

    Os creadores de Lara comentaron que lle querían dar un deseño máis familiar en próximos pproxectos,veremos a que se refiren concretamente.
    Por certo, os que queren levala de novo aos cines ,comentaron que se queren centrar máis na personaxe e menos na acción,aínda que honestamente, despois do ridículo das anteriores entregas non sei como teñen peito de atreverse con outra.

Deixar un comentario