Será este o novo proxecto de Team Ico?

Por: Mércores, 20 de Maio de 2009

Pode que sexa un dos vídeos que máis esperaba, e nesta páxina atópome con este tráiler, que sen ser nada oficial, calma as miñas ansias de xogador “Teamiconiano”.

Ao mellor simplemente é un Fake ( demasiado ben feito para a miña opinión), pero honestamente ,non creo que se trate de ningunha montaxe.

O vídeo móstrasenos a amizade que surxe entre un neniño e unha especie de rato xigante con plumas e ás, unha mestura perfecta entre ICO e Shadow of the Colossus que nos leva a mundo dos que xa nos teñen acostumados os de Team Ico, un mundo máxico e precioso, un mundo solitario e hipnótico, un mundo melancólico e sentimental.

Se nunca me fío de ningún futuro xogo,  con Project Trico ( que así se supón que se chamará), fago unha excepción.Si, o mellor é demasiado iluso pola miña parte, pero non vexo aos de Team Ico creando unha bazofia interactiva. Saben como crear xogos completamente impresionantes e case estou por apostar unha das miñas consolas (mira ata que punto) a que a súa próxima creación será outra pequena gran  xoia.

Non sei que opinaredes vós?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Será este o novo proxecto de Team Ico?”

  1. Anonymous di:

    pero n entendi nada… me refiero de que trata este juego? q tipo de animal es este?…

  2. skaltum di:

    Creo que deberías probar os anteriores títulos de Team Ico para percatarte do tipo de xogos que levan a cabo.
    Sempre tenta sumerxirnos nun mundo máxico e irreal, con tintes sentimentais.
    Aínda ninguén pode falar nada deste Trico porque non se sabe nada, pero eu case diría que os dous personaxes terán que cooperar( como xa pasaba no ICO)para superar unha historia, que case seguro vai ser impresionante.
    Como ben dixen anteriormente, é unha mestura entre o Shadow of the Colossus e o xenial Ico.

Deixar un comentaio a skaltum