Pode que sexa un dos vídeos que máis esperaba, e nesta páxina atópome con este tráiler, que sen ser nada oficial, calma as miñas ansias de xogador “Teamiconiano”.
Ao mellor simplemente é un Fake ( demasiado ben feito para a miña opinión), pero honestamente ,non creo que se trate de ningunha montaxe.
O vídeo móstrasenos a amizade que surxe entre un neniño e unha especie de rato xigante con plumas e ás, unha mestura perfecta entre ICO e Shadow of the Colossus que nos leva a mundo dos que xa nos teñen acostumados os de Team Ico, un mundo máxico e precioso, un mundo solitario e hipnótico, un mundo melancólico e sentimental.
Se nunca me fío de ningún futuro xogo, con Project Trico ( que así se supón que se chamará), fago unha excepción.Si, o mellor é demasiado iluso pola miña parte, pero non vexo aos de Team Ico creando unha bazofia interactiva. Saben como crear xogos completamente impresionantes e case estou por apostar unha das miñas consolas (mira ata que punto) a que a súa próxima creación será outra pequena gran xoia.
Non sei que opinaredes vós?
pero n entendi nada… me refiero de que trata este juego? q tipo de animal es este?…
Creo que deberías probar os anteriores títulos de Team Ico para percatarte do tipo de xogos que levan a cabo.
Sempre tenta sumerxirnos nun mundo máxico e irreal, con tintes sentimentais.
Aínda ninguén pode falar nada deste Trico porque non se sabe nada, pero eu case diría que os dous personaxes terán que cooperar( como xa pasaba no ICO)para superar unha historia, que case seguro vai ser impresionante.
Como ben dixen anteriormente, é unha mestura entre o Shadow of the Colossus e o xenial Ico.