Fai unhas semanas falábase que Capcom presentaría dous grandes títulos na feira do E3, unha delas xa foi desvelada fai un tempo e tratábase Tatsunoko vs Capcom.
Pero cal é o segundo nome?,pois unha fonte tan fiábel coma un avispeiro, afirma que se tratará da quinta parte de Devil May Cry e que se presentará un teaser dun minuto e medio para gusto dos seguidores. Ademáis tamén se comentou que será multiplataforma e que incluso chegará á Wii.
Nen se me pasou pola cabeza creer estas palabras, pero aquí quedan, por certo, alguén se acorda dos Onimusha?, porque eu acordome nestes días a miúdo, coas esperanzas de que en calquera momento anuncien unha nova entrega… Parece que isto non vai suceder, polo menos a curto plazo.