Exposición de Street Fighter

Por: Mércores, 20 de Maio de 2009

o bucket

Jab Strong Fierce , así se chama a exposición dedicada ao mundo do tan popular Street Fighter que se está levando a cabo en California.

Podemos atopar varios estilos, desde personaxes tipificados eróticamente (Chun-Li, por suposto),remarcacións de poderes característicos ou debuxos abstractos pero perfectamente  recoñecíbel no mundo de Street Fighter. Mirade toda a exposición e sacade conclusións.

Os anos pasan e moitos títulos desaparecen, máis parece ser que este xogo de loita está presente en todas as xeracións, e a verdade, non me sorprende.a forza interior do loitador blanca

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Exposición de Street Fighter”

  1. O pastor eléctrico di:

    Que interesante proxecto o desta exposición!
    Con toda a bazofia que se fixo a partires de Street Fighter, é curioso cando menos ver traballos ben elaborados.
    Parabéns polo blogue.

  2. skaltum di:

    Certo é, que cando un proxecto acada o éxito, todos se aproveitan para sorberlle ata o último grolo de sangue creando productos inútiles,pero cando algo se fai ben nótase, e este é un bo exemplo.

Deixar un comentaio a skaltum