Outro xogo de rol con tintes “Final”
Os xogos de rol seguen no seu constante desenrolo producindo unha importante eclosión neste tipo de videoxogos.
Así,chéganos o primeiro vídeo de Resonance of Fate,no cal podemos apreciar unha calidade gráfica moi elevada,pero, qué se vai esperar dunha secuencia?,escenarios preciosos, movementos impecábeis,acción desmesurada…
Todo isto está moi ben, pero mentres non vexamos o xogo en tempo real, será preferíbel manterse a un lado, xa que a maioría dos proxectos “videoxoguís” pintan moi ben nas primeiras secuencias que nos amosas os creadores, pero o conto cambia cando collemos o pad, e moito.
Polo de agora botádelle un ollo,pero reservade a opinión ata ter unha maior certeza do que realmente será Resonance of Fate.