O verdadeiro triunfo desta xeración

Por: Martes, 19 de Maio de 2009

Varios factores condicionan esta terceira xeración de consolas, ben sexa o aumento considerábel da calidade gráfica, a inclusión de logros nos videoxogos (rapidamente copiado por Sony cos seus trofeos),maiores opcións on-line…Pero o que verdaeiramente conseguiron (e niso seguen), para satisafacción miña e supoño que de miles de personas, é a enorme potenciación do cooperativo tanto online como a pantalla partida.

Se nos remontamos uns aniños atrás,poucos títulos atopamos que disfruten con esta opción, sen embargo, nesta etapa, xa podemos disfrutar de infinidade de xogos que nos permite disfrutar de toda a aventura acompañados de outra persona. E certo é, que foi o mellor que puideron facer, xa que comezar un videoxogo cun compañeiro ao lado, e plantexar estratexias verbalmente para enfrontarse ao título dunha forma máis táctica, é unha experiencia única e satisfactoria como ningunha.

E isto é outra das virtudes dos cooperativos, xa que ata o xogo de máis acción se converte nun título na que a estratexia ten que estar vixente en todo momento, e con isto non me refiro a crear exercitos,aumentar niveis,controlar ata o máis infimo detalle para saír victoriosos…, refírome á toma de decisión que teremos que levar a cabo para conseguir o noso obxectivo.Supoño que todos o fixemos.

“-Veña,están todos metidos nese edificio,así que eu irei por detrás mentres ti lle disparas para despistalos, cando se percaten que estou xusto na retagarda atacaranme todos a mín, momento no que aproveitarás para lanzarlle unha granada”

E vaia sensación cando todo sae como se tiña previsto.

Se a todo isto, os creadores teñen o detalle de incluír situacións variadas como a defensa do teu compañeiro mediante francotirador, conducción a dúo en vehículos,reanimacións en tempo real no propio campo de batalla,e esperemos que nun futuro se lle ocorran outras tantas situacións similares, conseguimos sumerxirnos dentro do propio xogo dunha forma indescriptíbel.E a fín de contas, isto é precisamente o que se busca nun videoxogo, a inclusión de parte dos xogadores dentro destes.

Claro que tamén é digno de mencionar, que se o propio xogo non parte dunha base decente, por moi bo cooperativo que lle engadan, o resultado seguirá truncado, pero iso xa é outro tema, outro grave tema.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario