Insterstellar Marines reaparece

Por: Martes, 19 de Maio de 2009

xogo interestelar

Fai catro anos que non se sabe nada deste proxecto, desde o 2005 estívose mantendo en segredo, e cando parecía que estaba cancelado, reaparece cun espectacular tráiler.

Polo de agora só se sabe que controlaremos a un membro dun escuadrón interestelar en primeira persoa. Tamén confirman que se está potenciando de maneira exaustiva o cooperativo,detallazo que se debe agradecer, ademáis utilizará o xa tan coñecido motor gráfico  Unreal Engine 3, que esperemos que o leven ao límite como xa o fixo o Gears of War 2.

Aquí vos deixo a web do xogo por se queredes buscar algo en particular, recoméndovos que lle botedes unha ollada ás imaxes que non teñen desperdicio.

Particularmente, o vídeo deixoume un bo sabor de boca, cunha mestura entre Dead Space e un Killzone galáctico. Se o desenrolo non se volve monótono e logran unha atmósfera agobiante, pode que sexa unha das sorpresas que máis vai dar que falar.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario