Impresionante cosplay

Por: Luns, 18 de Maio de 2009

Na wikipedia definen cosplay como:

“Técnica que consiste en disfrazarse dalgún personaxe (real ou inspirado) dun manga,anime,película,libro,cómic,videoxogo ou incluso cantantes e grupos musicais e intentar interpretalo na medida do posíbel. Aqueles que seguen esta práctica son coñecidos como cosplayers,sendo para eles unha das súas principais aficións”

Eu son máis concreto e resumo esta definición nunha soa palabra: Friki.

Normalmente os que practican este tipo de actividades non levan acabo traballos especialmente impactantes, simplemente con mercar un disfrace de Skywalker,de Gandalf e outros personaxes semellantes xa se dán por satisfeitos.

Pero qué pasaría se alguén se preocupase verdadeiramente por crear un cosplay impresionante?,este é o resultado.

cosplay 1

cosplay 2

Como vedes é impresionante a fidelidade destes cosplayers cos terroríficos personaxes de Silent Hill Cabezapirámide e a enfermeira malévola. Verdadeiramente acadan un realismo impresionante.

Se queredes ver toda a galería de imaxes entrade na súa conta Flickr, e atoparédevos con moitas destas fotografías

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario