Unha nova sorpresa nos deparou este domingo mollado. Cada vez que sae ao panorama dos videoxogos un nome totalmente descoñecido e que aporta un plantexamento orixinal, comezo a refregar as mans.
Isto é precisamente o que nos trae Earth No More, proposta dos finlandeses Recoil Games, xogo de acción aínda que con pinceladas de rol ( como conversacións tipo Mass Effect ), na que nos sumerxiremos nun mundo invadido por plantas velenosas.
Este shooter contará co potente motor gráfico Unreal Engine 3 ( que tan bos resultados deu noutros xogos), e aínda que non se sabe moito sobre este proxecto preténdese que conteña un cooperaativo e un multixogador online.
Aínda non están confirmadas en qué plataformas sairá, pero os creadores pretenden que chegue á Xbox 360 e Playstation 3.
Como se vé nas imaxes o xogo non pinta nada mal, aínda que teremos que esperar para saber concretamente cal será a nosa misión no planeta invadido, pero se non fallan no plantexamento do videoxogo, Earth No More pode dar moito que falar.
