Haberá un Ninja Gaiden 3

Por: Sábado, 16 de Maio de 2009

A entrevista realizada a Yosuke Hayashi, novo xefe de Tean Ninja, deixa ben claro que non vai deixar de lado a saga Ninja Gaiden.
“Vamos seguir taballando no futuro de serie” antepoñéndose ás palabras do anterior xefe de Tean Ninja, que non pretendía continuar con esta saga.
Aínda que véndolle as pintas do fulano, non é raro que emita chulería por todos os recantos.
Tamén aclarou que non ten pensado levar o Ninja Gaiden Sigma 2 á Xbox 360 e que a fusión con Koei vai ser satisfactoria para todos ( que vai dicir).
Aínda así, quedeime pensando só no Ninja Gaiden 3, continuación do que para moitos foi bastante regular Ninja Gaiden 2, pero que me fixo pasar mi bos momentos.

Esperemos que solucionen os erros que ennegrecían a segunda parte e que nos sigan brindando con acción frenética e constante.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario