O deporte extremo volve ás nosas consolas, desta vez da man do skate, e na nova entrega de Tony Hawk: Ride teremos unha novidade consistente, a inclusión dun novo periférico en forma de monopatín.
Non teño moi seguro que vaia ser un éxito, tanto pola excisiva enormidade do aparato (hai monopatíns ben máis pequenos), como polo cansado que será xogar a este título.
Non digo que os primeiros días teña a súa graza subirse na táboa e simular saltos e outra peripecias similares, ademáis que tamén teremos que premer os botóns lateriais do periférico para conseguir novas acrobacias, pero, cánto durará esta motivación inicial?.
O mellor son eu, que prefiro o pad de toda a vida, pero se xogo é para relaxarme e non reventarme na miña habitación facendo o idiota.
Non sei como rematará isto, e aínda que me gusta que se proben cousas novas neste mundo tan igual, o pad tradicional, é o pad tradicional.
O vídeo que se amosa paréceme que pertence ás versións de Playstation 3 e Xbox 360 pero a Wii tamén recibirá no outono a súa ración de skate.