Os mellores inimigos de videoxogos ( III )

Por: Xoves, 14 de Maio de 2009

Berserker:

-shhhhhhuuuuuuu, callaos.
Este é o aviso que dán os da compañía Delta de Gears of War cando notan a presenza dun dos inimigos que máis deu que falar fai un par de anos, a Berserker.
Sí, é cega ( detalle que lle engade máis emoción da que xa ten), pero o seu olfato está demasiado desenrolado, tanto que consegue ata cheirar o medo, e por moito peito que teñan Marcus e compañía, estar na mesma habitación que esta energúmena criatura, non é motivo de tranquilidade.
As Berserker son crueis, non diferenzan entre Locust e humanos, simplemente atacan por instinto, pero o que realmente fai interesante a este inimigo é a súa excesiva dureza, tanto, que non abondará con dispararlle durante un anaco, teremos que utilizar armas máis…. contundentes, sí o meu querido martelo da alba, e como todos sabedes, só se pode empregar nos exteriores e se a Berserker está dentro….. rematade vós a ecuación.
É difícil describir a sensación que transmite tentar sacar ao exterior a esta criatura, non se vale esconderse detrás dunha columna xa que a Berserker non ten problema ningún en derrubala ( contigo detrás) cun dos fortes golpes ocasiona, tampouco vale correr para adiante co único fín de escapar, xa que ela quedarase atrás, e non conseguirás sacala fóra. Así que só che queda agardar o seu golpe, e cando esté a punto de impactar contra ti, esquivala cun rápido movemento.
Sobra dicir que no xogo aparecen varias Berserker e cada unha hai que eliminala dunha forma diferente ( non sei pa que poño esto como se fose intriga, que a estas alturas penso que a maioría xa catou este espectacular xogo).De feito, unha das partes máis emocionantes do xogo, é a loita contra a Berserker do tren.
Só lle vexo un enorme erro á Berserker, que non saíu ningunha na segunda entrega,pooooorrrrr queeeeeeeeeeeee????Espero que na terceira entrega volvan a reaparecer estas enormes criaturas, e que volvan máis duras que no primeiro. Imaxinásdevos que poidan atacar en grupo, imaxinádevos que haxa unha batalla con ela(s) dentro dunha cova…
-Shhhhhhhuuuuuuuuuuuu,calade.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario