A "gran" consola NES portábel

Por: Xoves, 14 de Maio de 2009

Se sodes dos que aínda tedes a sensación de que necesitades revivir algunha das fantásticas aventuras clásicas da NES, pero pola vosa enorme vagancia non vos apetece conectar a consola á TV, tranquilos, porque aquí vos traio a solución.
A NES portábel e retrocompatíbel con todos os xogos.

Podédela atopar en thinkgeek por 50 dólares e a consola é bastante pequena e ten un bo deseño, aínda que os xogos… non me vexo indo pola rúa co aparello este.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario