Unha triste historia

Por: Mércores, 13 de Maio de 2009

Non pensedes que o vídeo trata sobre as atrocidades cometidas polo mongol do ex-presidente ianqui, nin sobre algunha película de Jean-Claude Animal.O vídeo cóntanos unha historia para recapacitar, perdón, para pensar ,perdón,para olvidar.
A historia cóntanos como un pobre infeliz quere comprar a Playstation 3, mais a súa situación económica non lle permite tal feitoría.
Sofre.Sofre bastante.Sofre moito.
El desexaría xogar ao Little Big Planet…mais non pode,el quere catar o Killzone 2…mais non pode,el gustaría de adentrarse no mundo de Uncharted… mais non pode.

Pero dunha cousa sí que estou seguro, a música adéntrase no pavillón auditivo perdurando nel durante un bo anaco, durante dous bos anacos, durante …

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario