Volve ao mundo das predicións o tan coñecido analista de Wedbush Morgan, Michael Pachter e desta volta tocoulle o momento ao periférico que está por chegar á consola de Nintendo, o WiiMotion Plus.
Segundo Pachter, o periférico podería vender cerca de 10 millóns de unidades neste ano, e isto grazas ás posíbeis ventas dos xogos Sports Resort, Tiger Woods PGA Tour 10 ou EA Sports Grand Slam Tennis ( que todos eles incluirán o tan famoso accesorio).
O WiiMotion Plus, poñerase á venta en xuño (aínda non se sabe o prezo), polo que pronto saberemos se estas novas palabras de M.Pachter son verdadeiras ou falsas, pero tendo en conta as anteriores predicións , non estaría moi convencido.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario