Unha explanada baleira, coa única compañía de secas herbas e arbustos, xunto a unha intensa nube de fume no horizonte. Esta foi a foto que Kojima escolleu para informarnos que xa é certo que está en desenrolo o seu novo proxecto, dos cales saberemos máis datos (esperemos) o próximo 18 deste mes.
No horizonte da imaxe vemos a unha parella que supostamente se dirixe á casa que hai situada no outro lado da foto. Non sabemos sequera se van ser os protagonistas, pero é un dato máis, que o único que queiras romper a cabeza, deberías ignorar ata a súa presentación real.
Pero se sodes dos que vos gusta botar a imaxinación a pacer, ou a voar, ou a comer, pensaredes que podería ser un MGS para Xbox 360,un novo xogo de recoller herba seca ou un xogo didáctico para coidar os prados ( as primeiras tonterías que me viñeron á cabeza), pero o que sí é certo, é que Hideo Kojima está tramando algo grande.