William Higginbotham

Por: Martes, 12 de Maio de 2009

Moitos estarédesvos preguntando quén é este personaxe, pois simplemente aclarar unha cousa,grazas a el, nós podemos disfrutar dos xogos hoxe en día.
Sí, foi o creador do primeiro videoxogo da historia.
William (Willy) Adolf Higginbothan (25 de outubro de 1910- 10 de novembro de 1994), foi un físico estadounidense, que participou no desenrolo da bomba atómica e despois convertíuse nun declarado activista antinuclear ( de qué me soa a mín esta historia?).
Como dixen anteriormente, foi o primeiro en degustar a sensación de xogar. O seu proxecto chamouse Tennis for Two e foi creado cun osciloscopio en 1958, cando acupaba o cargo de xefe da división de instrumentación do Laboratorio Nacional de Brookhaven, co obxectivo de entreter aos visitantes do seu museo.
Déixovos un vídeo para que vos fagades unha pequena idea o que significaba este videoxogo, espero que non vos fixedes simplemente no “pequeno” pad que utilizaban.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario