Erotismo "videoxoguil"

Por: Martes, 12 de Maio de 2009

Segundo a Wikipedia, Burlesque significa:

“Burlesque refírese a espectáculos teatrais, que acostuman consistir en historietas de parodia. Se ben algúns autores afirman que burlesque é un descendente directo da comedia artística,e o termo “burlesque” para unha parodia ou comedia de costumes, aparece case sempre ao mesmo tempo que a primeira aparición da comedia artísitca.
Surxida no século XIX, do “musical hall” e de espectáculos de “vodevil” (vaudeville),nos comezos do século XX surxe burlesco populista como unha mestura de sátira,performance, e entretemento para adultos, que inclía actuacións para molestar ou incomodar ao público”

Neste caso a actuación céntrase en personaxes femininos de videoxogos, as cales levan a cabo o seu número case ausentes de roupa e “parodiando” a “femias” tan coñecidas como Peach, Zelda ou Samus Aran.
Como sempre estes espectáculos enfadará a algúns medios hipócritas, porque de todos é sabido que prefiren ver un home acribillado a tiros que un pezón ao descuberto.
Pero eu déixovos este enlace para que disfrutedes de todas as fotografías.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario