Steal – Curioso recreo virtual

Por: Luns, 11 de Maio de 2009

Mirade a idea que tiveron os de esta páxina, creando unha especie de recreo virtual onde os xogadores poden crear figuras colocando puntos azuis. Claro que para conseguilo hai que poñerse de acordo, cousa imposíbel, pero polo menos é unha boa e curiosa forma de manter a xente na páxina.
E se pensades que é unha tontería, tedes razón, pero eu aínda estou intentando crear a cabeza de Banjo.
Aquí vos deixo este vídeo no que se amosa as figuras que se fixeron durante toda a semana, mentres eu sigo na miña tolería nesta páxina.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Steal – Curioso recreo virtual”

  1. Mixigodo di:

    Trabucácheste poñendo a ligazón, penso que puxeches 2 veces “http://”.

    Deus, como perdín o tempo xogando a iso xD

    Moi entretido, para os ratos mortos sobre todo 😀

  2. skaltum di:

    Grazas polo aviso.

    Parece ser que as ideas máis simples son as que mellor resultado dán,aínda non me creo que bicie tanto.

Deixar un comentario