Publinformacións prematuras

Por: Luns, 11 de Maio de 2009

Cómo se nota que a feira do E3 está máis preto que eu dunha consola. E digo isto porque é moi raro atopar un día no que non apareza algunha novidade (intranscendente) sobre algún xogo, algún vídeo de avance, rumores constantes…
Pensando nisto, quedei preguntándome, qué conseguen con isto?, a qué se debe que saquen á luz un avance do que será un avance no E3?
Publicidade para a feira?, non creo , xa que esta xuntanza xa é ben coñecida para todos os que nos movemos neste mundiño, polo que volvo incidir no mesmo, public¡dade sen complicacións para bet-sellers “xoguís”.
Non digo que moitos dos xogos ou proxectos que se aproveitan deste tipo de situacións, non se convertan en grandes xoias, pero con isto dame pé a falar do que precisamente tiña pensado, nos xogos que aínda non sabemos nada deles ( ou case nada).
Porque podedes estar seguros que o 95% dos videoxogos que se van presentar, xa son máis coñecidos, e non producirán unha sorpresa tan pronunciada como o conseguirá o 5% restante. Esta pequena porcentaxe descoñecida, convertirase na arma empregada polas compañías para engatusar, atraer ou hipnotizar aos periodistas afortunados que deambulan por aqueles lares, como quén dí, para atraer unha maior clientela e así publicitar de maneira máis esaxerada os seus “stands” e os seus productos, porque algo teño ben claro: todo é publicidade.
Aínda así teño verdadeiras esperanzas nestes proxectos, nestes discos que non se aproveitan da fama que acadou o título anterior, nestes discos que comezan de cero, nestes disco que polo de agora non teñen ningún seguidor…Estas palabras fanme pensar no primeiro God of War, cando ninguén coñecía este título e eu lía nun artigo:”este xogo de acción e mitoloxía grega está acadando moi boas críticas en norteamérica”, e vaia se acadou boas críticas!!.
Por iso, títulos como Metro 2033, do que apenas se coñece algún dato relevante, fan que as miñas esperanzas florezan e saia dar unha volta acompañada da mán da frustración inminente. Só unha destas comúns compañeiras voltará á casa, só unha delas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario