Despois de acusar á película Wanted, como un dos mellores filmes de acción do pasado ano, e quedar máis tranquilo cun pato, decidín catar a súa versión de consolas, e algo mantívose intacto: a espectacularidade.
En serio, ninguén cun pouco de sentido ten esperanzas en que un xogo basado nunha película sexa bo nin entretido, e desta volta non tiven máis remedio que tragarme as miñas propias palabras.
O argumento do videoxogo trasládese xusto despois da película, e colleremos o control de Wesley ( o principal protagonista da cinta) e do seu pai ( este controlarémolo a modo de flash-backs para ir desentramando toda a historia), de feito o argumento é un dos puntos fortes do videoxogo, enlazando todo perfectamente e cun final insospeitado.
Cando estemos manexando a algún destes personaxes, poderemos facer todas as virguerías que fan na película dende os clásicos tiros curvados ata as misións francotirador, pero o mellor non é que se poida facer, o mellor é o simple que é facer todas estas acrobacias, asique podesdes estar seguros que aos poucos segundos estaredes saltando por enriba de mesas, acribillando inimigos cubertos por escudos…
Pero como dixen ao inicio, a espectaculariedade rebosa por todos os recantos, con momentos no que todo se relantiza e o único que temos que facer é disparar aos inimigos mentres presenciamos os rápidos movementos do protagonista, escapar dun avión en plena caída ( e sen paracaídas ), pelexas corpo a corpo a modo de QTE,etc.
Falando do apartado gráfico temos que dividir o xogo, xa que atopámonos con interiores regulares e bastante lisos xunto cuns exteriores moito máis elaborados e acompañados duns efectos luminosos impresionantes. Esta descompensación pódese perdoar, pero o que non se pode perdoar, e ninguén debería, é a súa duración. O xogo non chega nin as catro horas, e eso a primeira vez que xogas e non coñeces nada, se o pasas de segunda, en dúas horas remátalo. Máis cun videoxogo para unha “demo”, podédesme crer, a duración é esaxeradamente curta.
Aínda con todo isto, o xogo ten un factor moi importante ao seu favor, consegue divertir e non aburre nada.
Sí, os gráficos poderían ser mellores. Sí, o que se trata e de disparar a todo canto se mova. Sí, a duración é case inexistente.
Pero recoñezo que o pasei de marabilla mentres o xoguei, e o final, isto é do que se trata.
Si, o xogo é tan divertido coma curto. A min o final pilloume totalmente por sorpresa (pensaba que aínda ía pola metade do xogo).
Do que non gustei nada é de que os desenvolvedores aseguraban que o xogo collía cousas non só da película, senón tamén do cómic, e non atopei nin rastro diso.
Teño que recoñecer que non lin ningún cómic de Wanted, polo que non pode dicir se está ben ou mal plasmado. O que sí me gustou moito foi a maneira de enlazar pasado con futuro para ir ofrecéndoche o argumento, ademáis da aparición de Morgan Freeman en determinadas partes,igual que na versión cinemática.
Pena que non aparecese Angelina ……