Obscure 2 chegará á PSP

Por: Xoves, 7 de Maio de 2009

E seguen aumentando o catálogo da portábel de Sony. Se estes días facían público a chegada deTekken e Soul Calibur á PSP, ahora tócalle a un survival horror. Falo de Obscure 2.
A segunda parte que fóra lanzado para as plataformas PS2, Wii e PC (2007-2008), seguía a estela que lle deixara a primeira parte, asique xa sabemos co que nos vamos atopar, un grupo de protagonistas terán que saír dun terrorífico edificio (instituto) para que non sexan cazados polos diferentes monstros que se atopan por alí desperdigados. Para problema destes monstros ,terán un punto débil: a luz.
Parece ser que traballaron na adaptación do control da PSP, incluíndo un novo menú para a ocasión.
Se pulen ben este apartado, os gráficos axuden e teña un bo cooperativo, poderemos estar ante un xogo bastante entretido do catálogo desta consola.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario