Un día érgueste pola mañá e pronto te percatas que estás sufrindo un deses días nos cales ata a mañá máis clara e soleada, para tí é escura e fría. Pos un pouco da túa música diaria e intentas berrar esas cancións, pero nin diso tes ganas.
Vísteste á desgana e saes pra fóra.
O espectáculo é maior do que parecía pola xanela. O sol obrígame a entrecerrar os ollos, os pombos e os merlos cantan ao lonxe, as abellas polinizan cantas maxestuosas flores atopan…
Todo está nunha perfecta entropía.
A pesar de todo isto, o teu propio cerebro non che permite disfrutar destes acontecementos, pra moitos insignificantes e pra outros máxicos, asique decides ir dar unha volta para tentar enganarte e pensar que todo está moi ben.
Cando levas unha hora camiñando e vés con ollos tristes, que estás tan impasíbel como ao inicio, diríxeste para o teu refuxio particular.
Entras no cuarto, encendes a consola e introduces un bo xogo. Comezas.
Entras nun mundo diferente, entras nun mundo irreal pero que te axuda a evadirte do mundo real no que te atopas. Rematas.
Volves á realidade, pero daste conta que xa pasaron varias horas, e que nesas horas non pensaches en ningunha cousa desagradábel, non tiveches preocupacións, non te sentiches oprimido…
Pero nese intre paras, e pensas:
Qué pasará cando non sinta isto?
Qué pasará?
Mércores, 6 de Maio de 2009