Por fín temos datos confirmados por Infinty Ward, sobre o seu proxecto máis esperado.
- Confírmase que a localización do videoxogo será nos continentes sudamericano e europeo. Por parte de Sudamérica visitaremos Río de Xaneiro e no que respeta ao vello continente, será Rusia o país elexido.
- Tamén se confirmou que os rusos terán unha notábel importancia no desenrolo do xogo, aínda que será moi diferente o visto en Call fo Duty 4.
- Tamén dixeron que os “marines” estadounidenses estarán involucrados, aínda que non concretaron con que fín.
- Nos tiroteos de fogo cruzado entre inimigos e aliadoshaberá multitude de civís, polo que é moi posíbel que exista penalización ao rematar con estes.
- Contaremos con “pecks” no modo historia e poderemos pilotar numerosos modelos de vehículos incluidos helicopteros.
Simplemente con que teña a mesma calidade que o seu anterior traballo podemos estar tranquilos, pero se elevan as doses de realismo e crudeza das guerras, poderemos estar ante unha verdadeira obra de arte. Aínda que non chamará tanto a atención como a cuarta parte.